Páginas

miércoles, 29 de enero de 2025

NOVAS INCORPORACIÓNS AO NOSO CATÁLOGO

Hai uns días publicamos as recomendacións lectoras para o Día da Paz e hoxe queremos anunciar que xa as temos dispoñibles na nosa biblioteca!

Lembramos tamén que no enlace EDUBIB Koha poderedes consultar o catálogo completo de Bibliomesoiro, así como os exemplares dispoñibles ou polos que teredes que esperar uns días xa que se atopan viaxando por algunha casa do noso alumnado. 

Feliz Día Escolar da Non Violencia e a Paz 💙🙏


miércoles, 22 de enero de 2025

CONTOS LOCOS

 Dende o pasado trimestre, un venres ao mes vimos realizando na etapa de Educación Infantil unha actividade que moitos nenos e nenas chaman os "contos locos".

Cada mestra titora da etapa escolle ao longo da semana, de forma sumamente segreda, un conto e imprime a súa portada para colocar nun mural que terá por resultado sei portadas de seis contos diferentes. Cada nena/o coa súa foto, anotarase no conto que máis lle gusta para, despois do patio, desfrutar dun ratiño de lectura, o máis divertido? que será acompañado de novos compis doutros niveis e a sorpresa será... quen lle contará o conto?

Para rematar e deixar pegada da súa asistencia, pegará unha pegatina do conto no seu pasaporte lector, recopilando así todos os contos aos que foi ao longo do curso.