lunes, 29 de noviembre de 2021

Biblioteca Creativa

Grazas ao servizo de empréstito da Asesoría de Bibliotecas Escolares, o noso centro pode defrutar durante este mes dunha maleta viaxeira "BIBLIOTECA CREATIVA" con diferentes materiais (libros, contos, recursos, xogos...).

Estarán á disposición do profesorado e alumnado na Biblioteca e poderán empregarse na súa hora de biblio correspondente, no tempo de recreo (que xa empezamos a funcionar) ou como préstamo para as aulas para un traballo máis específico.


 


jueves, 25 de noviembre de 2021

Préstamo coas bibliotecas municipais

Este mes, grazas á colaboración coa Biblioteca Municipal Os Rosales, fixéronnos un marabilloso préstamo de libros e contos. 

A temática dos mesmos xiraba, dada a conmemoración deste mes do 25 N, sobre a non violencia de xénero.




martes, 16 de noviembre de 2021

lunes, 15 de noviembre de 2021

Día das Bibliotecas Escolares

 Para conmemorar esta data tan especial, os nenos e nenas do CEIP Novo Mesoiro foron convidados a pasar unha sesión de lectura especial na nosa biblioteca.

Ademais, fíxoselles entrega dos seus carnéts de lectores/as e explicóuselles como tiñan que facer para coller emprestados os contos e materiais.

Deixámosvos unha montaxe destas sesións!






RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO

 NO DÍA DO LIBRO REGÁLALLE UN  A TÚA FILLA OU FILLO.