viernes, 18 de marzo de 2022

O meu libro favorito

 Desde o equipo de biblioteca propoñemos unha actividade interactiva para levar a cabo co alumnado e coa colaboración das familias.

Dado que  pronto conmemoraremos a semana do libro, preparamos esta actividade para que tod@s expresen cales son os seus libros favoritos. Tamén isto nos serve de cara a comprar material no futuro...polo que animamos a tod@s a participar!


É moi sinxelo, só tedes que poñer o nome do alumno/a, subir a imaxe da portada e se queredes dicir o motivo de por que é o voso favorito. Pode haber libros destinados para a futura sección de familias na nosa biblioteca.



GRACIÑAS POLA AXUDA E A VOSA PARTICIPACIÓN!

Hecho con Padlet

lunes, 7 de marzo de 2022

Día internacional da Muller-8M

 Compartimos o traballo de todas as aulas do centro para conmemorar o día do 8M: 

Día Internacional da Muller



(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER)

Desde o equipo de biblioteca deixámosvos estas recomendacións lectoras:



Así mesmo, no centro o alumnadoe profesorado dispoñen dunha selección especial para esta semana:



RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO

 NO DÍA DO LIBRO REGÁLALLE UN  A TÚA FILLA OU FILLO.