Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!
O 3 de decembro foi Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro fixemos un recanto para conmemorar este día.
Seguindo o movemento do concello de A Coruña, simbolizamos cun paraguas esta conmemoración, engadindo ademais pingas de agua nas cales nomeamos algunhas das discapacidades.
Ademáis, o equipo de biblioteca, en colaboración coa Biblioteca de Los Rosales, levou a cabo unha selección e exposición de libros relacionados con dita temática para que cada titoría poida facer uso deles durante toda a semana.
Temos outros termos inclusivos que podemos salientar como: persoas con diversidade funcional, con capacidades diferentes, con necesidades especiais, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario