martes, 3 de diciembre de 2024

DI CAPACIDADE

  Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!

O 3 de decembro foi  Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro fixemos un recanto para conmemorar este día.

Seguindo o movemento do concello de A Coruña, simbolizamos cun paraguas esta conmemoración, engadindo ademais pingas de agua nas cales nomeamos algunhas das discapacidades.

Ademáis, o equipo de biblioteca, en colaboración coa Biblioteca de Los Rosales, levou a cabo unha selección e exposición de libros relacionados con dita temática para que cada titoría poida facer uso deles durante toda a semana.

Temos outros termos inclusivos que podemos salientar como: persoas con diversidade funcional,  con capacidades diferentes, con necesidades especiais, etc.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Exposición final PDI DE CINE