Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2020/2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2020/2021. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de mayo de 2021

QUE É SER UN NENO NORMAL?

 


    Hoxe conmemoramos o día internacional contra o acoso escolar cunha pregunta recollida nun dos libros traballados esta semana .

WONDER: TODOS SOMOS ÚNICOS.




Deixámosvos a lectura dun capítulo  deste libro tan marabilloso pero á vez reflexivo do que pode acontecer nas aulas, na rúa, no parque... e que NON PODEMOS PERMITIR.





VELAQUÍ VAN UNHA SERIE DE ACTIVIDADES QUE PODEDES REALIZAR



AQUÍ VOS DEIXAMOS O TRÁILER DA PELÍCULA 





Por outra banda para os prelectores e primeiros lectores, recomendamos este conto:
 ORELLAS DE BOLBORETA.



Despois, propoñemos unha serie de preguntas de reflexión:



Acabar co bullying é unha tarefa que nos compete a todos.


Corto de animación: Blender.



Corto de animación: For the birds








domingo, 28 de febrero de 2021

ROSALÍA DO A AO Z

O nenos e nenas de 4º de primaria estiveron traballando esta semana o libro de Rosalía de Castro " Do a ao z", podedes ver a súas produccións neste pequeno vídeo. Bo traballo rapazada!!!!!



miércoles, 24 de febrero de 2021

ROSALÍA DE CASTRO


    Hoxe lembramos a unha das figuras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro, Con motivo do aniversario do seu nacemento.

    O noso alumnado fixo un libro onde recollen os grandes momentos da súa vida e as súas obras.

    Moitas grazas polo voso traballo e esforzo. Sodes uns artistas!!!!!!





jueves, 11 de febrero de 2021


    AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS xa está aquí unha das festa que máis nos gustan. Disfraces, máscaras, filloas, orellas... 
    Aínda que este ano non podamos festexalo como se merece, as nenas e nenos de 4º de primaria estiveron traballando e investigando sobre esta tradición tan popular e importante da nosa cultura. 
    Velaquí vai todo o seu  traballazo.




Para rematar desde a biblioteca  recomendámosvos este libro de Ramón Veiga e David Serra.
 

lunes, 8 de febrero de 2021

    Tal día como hoxe nacía hai 184 anos en Nantes Jules Gabriel verne máis coñecido como Julio verne. 
    Da súa mente xurdiron grandes historias. Grazas a el viaxamos ás profundidas dos óceanos no submarino Nautilus nunca antes imaxinado " 20.000 leguas de viaje submarino" (1870). Dimos a volta ao mundo nun tempo récord " La vuelta al mundo en 80 días" (1873), e coñecimos lugares moi recónditos . " Viaje al centro de la tierra" ( 1864).         Moitas deas novelas foron levadas ao cine.




     Na nosa biblio non podían faltar dúas das súas obras máis importantes.




jueves, 28 de enero de 2021

    RAPAZADA! POR FIN TEMOS UN RECUNCHO PARA A NOSA BIBLIOTECA.
   
 E QUE MELLOR MANEIRA DE INAGURALO QUE O DÍA DE HOXE, CELEBRANDO O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA. 
  
OS PEQUENOS E PEQUENAS ESTIVERON A TRABALLAR DURANTE ESTE MES VARIOS PERSONAXES QUE LOITARON A FAVOR DA PAZ E DOS DEREITOS CIVÍS.  
VELAQUÍ VAI UN VÍDEO ONDE AMOSAN TODO O QUE APRENDERON SOBRE ELES.



ADEMÁIS PRESENTÁMOSVOS UNHA SERIE DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ   


 

Recomendacións para o verán