Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas compartidas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas compartidas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de enero de 2025

CONTOS LOCOS

 Dende o pasado trimestre, un venres ao mes vimos realizando na etapa de Educación Infantil unha actividade que moitos nenos e nenas chaman os "contos locos".

Cada mestra titora da etapa escolle ao longo da semana, de forma sumamente segreda, un conto e imprime a súa portada para colocar nun mural que terá por resultado sei portadas de seis contos diferentes. Cada nena/o coa súa foto, anotarase no conto que máis lle gusta para, despois do patio, desfrutar dun ratiño de lectura, o máis divertido? que será acompañado de novos compis doutros niveis e a sorpresa será... quen lle contará o conto?

Para rematar e deixar pegada da súa asistencia, pegará unha pegatina do conto no seu pasaporte lector, recopilando así todos os contos aos que foi ao longo do curso.






jueves, 20 de octubre de 2022

LECTURAS COMPARTIDAS

Este ano de volta á normalidade retomamos unha das actividades máis interesantes da nosa biblioteca escolar.


A lectura dun conto é un momento entrañable e, máis aínda, se son as familias as que veñen ao cole a compartir este momento especial con nós.

Estades convidad@s! 

 



 

 









GRAZAS FAMILIAS

 

Recomendacións para o verán