Como novidade este curso, a nosa biblioteca está suscrita a dúas REVISTAS estupendas que farán desfrutar ao alumnado da lectura e aprender un montón de cousas desde un formato diferente e divertido!
1. BULULEO
Como novidade este curso, a nosa biblioteca está suscrita a dúas REVISTAS estupendas que farán desfrutar ao alumnado da lectura e aprender un montón de cousas desde un formato diferente e divertido!
1. BULULEO
Deixámosvos unhas recomendacións terroríficas para esta época do ano.
Tamén recomendacións musicais para estes días.
REALIZACIÓN DUN CONCURSO SOBRE RELATOS DE TERROR SOBRE O NOSO BARRIO
E OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DECORACIÓN TERRORÍFICA DA NOSA MASCOTA:
ALEXIA (3ºB -E.P.)
ESTES FORON OS AGASALLOS ENTREGADOS!
o DÍA DE sAMAÍN, os nenos e nenas de Primaria deleitaron cn estes marabillosos relatos de terror sobre o barrio de Mesoiro a todo o alumnado do centro. Foi un tempo de lectura compartida estupendo!
Este ano coa apertura da nosa BIBLIOMESOIRIÑO temos o pracer de convidar a ESTEFANÍA PADULLÉS, recoñecida autora e escritora de literatura infantil.
Desfrutaremos de dúas sesións dos contos "A manchas e a raias" e "Leopoldo o pequeno monstro".
Este ano de volta á normalidade retomamos unha das actividades máis interesantes da nosa biblioteca escolar.
A lectura dun conto é un momento entrañable e, máis aínda, se son as familias as que veñen ao cole a compartir este momento especial con nós.
Estades convidad@s!
GRAZAS FAMILIAS
Durante este trimestre seguimos presentando a biblioteca e o seu funcionamento a todo o alumnado e profesorado.
Os voluntari@s de 6º de E.P. explican cada unha das zonas destacadas da biblioteca.
ZONA DE CONSULTA
ZONA DE LECTORES EXPERTOS
ZONA DE LECTORES AUTÓNOMOS
ZONA DE PRIMEIROS LECTORES
ZONA DE PRE-LECTORES
ZONA DIXITAL
Os primeiros meses de curso son para lembrar a tod@s cales son as normas de convivencia que rexen a nosa biblioteca.
Ademais levamos a cabo sesións formativas co alumnado de sexto de E.P. , que voluntariamente colaborará nos recreos co equipo de biblioteca.
TAMÉN SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIOS CO RESTO DE AULAS DO COLEXIO
EDUCACIÓN INFANTIL
4º E.I. Visitando a biblioteca e coñecendo á nosa mascota Mesoiriño. Puidemos ler un conto e tamén ver aos nosos robots.
5º E.I. Falamos das normas da biblioteca, ademais de falar do que podemos atopar na biblioteca e o que non.
6º E.I.: Coñecendo os elementos identificadores dun libro (Título, aut@r e editorial)
4º E.P. COÑECEMOS A CDU
5º E.P. COÑECENDO A CDU E AS ETIQUETAS